O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía (176 aniversario do seu nacemento) unha efeméride que vai ser celebrada ao longo de Galicia con diferentes actos. A continuación presentamos os que se van celebrar en Santiago (lugar de nacemento) e Padrón.
10:00-12:00 horas.
Alborada para Rosalía.
Todos os gaiteiros de Galicia están chamados a dar unha alborada de
gloria. Iniciativa conxunta da Fundación Rosalía de Castro coa Asociación de Gaiteiros Galego
10:00 horas
Santiago de Compostela \\ Praza de Vigo.
Alborada e ofrenda oral ao pé do monumento que lembra onde naceu a escritora.
12:00 horas
Padrón \\ Casa de Rosalía
Interpretación da Alborada de Rosalía de Castro.
Personalidades culturais, sociais e políticas de toda Galicia interveñen e recitan na honra da escritora.
Proxección de diferentes gravacións das alboradas realizadas ese mesmo día en distintos lugares de todo o país.
Presentación dos actos conmemorativos do 150 aniversario de Cantares gallegos.
Actuación musical de Uxía e Sérgio Tannus.
Durante o ano haberá diferentes actividades ao longo de todo o país,
como unha exposición, concertos, etc. Tamén moitas outras institucións,
como a AELG ou o Consello da Cultura Galega, ademais de múltiples
asociacións e concellos, celebran múltiples actos en memoria dos 150
anos de Cantares Gallegos. Brión tamén se unirá a esta celebración cunha serie de iniciativas a cargo do Dep. de Cultura e a biblioteca.
Fonte: Fundación Rosalía de Castro
0 comentarios :
Publicar un comentario