O mes está chegando a súa fin e o Camaleón que habita na biblioteca municipal está desexando reunirse cos seus amigos unha vez máis. Por iso que, este venres 22 de febreiro, os socios do Club Camaleón non podemos faltar a cita co seu amigo que muda de cor.
Como en anteriores ocasións, a diversión está asegurada con xogos e actividades variadas, que de momento son sorpresa. Lembra que hai dúas quendas de participación, unha de 17 a 18 e outra de 18 a 19 horas.
Para máis información, chama ao Tfno.: 981 50 99 69-981 50 99 08. Non faltes, o Camaleón esta esperando por ti!
0 comentarios :
Publicar un comentario