Coincidindo coa data do falecemento en 1616 de Cervantes, Shakespeare e coa festa de Sant Jordi en Cataluña, o 23 de abril é a grande festa do libro, das librarías e bibliotecas, da promoción da lectura, da tradución e do respecto á propiedade intelectual. Unha celebración que nesta edición centrarase na promoción da frase "Ler para vivir" (#lerparavivir) nas redes sociais.
Se ven a BPM de Brión concentra as actividades de promoción
do libro e a lectura na Feira do Libro de Brión que, coincidindo co día das
Letras Galegas, celébrase do 13 ao 31 de maio, queremos animarvos a aproveitar
o día coñecendo os servizos que che ofrece a biblioteca. Os clubs de lectura
(infantil e para adultos), as actividades bookcrossing (Solta de Libros e Banco
de Libros) e toda a programación de actividades da Feira do Libro, coas que
este ano se vai homenaxear a figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
No referente ao intercambio de libros, adiantarvos que en
maio imos actualizar e aumentar os puntos “Solta de libros”. Tamén che
invitamos a unirte ao “Banco de libros” e compartir con outros usuarios as
lecturas que recomendarías a todo o mundo.