mércores, 25 de novembro de 2026

Club de lectura: "O xiro postal" de Ousmane Sembène

Iniciamos unha nova temporada do club cunha lectura en lingua galega dun autor internacional. Falo de "O xiro postal", tradución ao galego de "Le Mandat" (1965), novela do escritor e cineasta senegalés Ousmane Sembène, publicada por Rinoceronte Editora coa tradución á nosa lingua a cargo de María Isabel García Fernández.

A obra está ambientada nun barrio pobre da cidade de Dakar, onde o protagonista  vive distintas peripecias para cobrar un xiro postal, Trátase do Senegal posterior á independencia, nos anos sesenta do pasado século, e dunha veciñanza que espera atopar neses cartos a saída a unha vida miserenta, chea de débedas e privacións.

A obra, levada ao cine polo propio autor en 1968, denuncia a hipocrisía, a corrupción e o parasitismo dunha sociedade que, porén, ten nas súas mans a posibilidade de tentar cambiar. 

Para comentar a súa lectura, reunirémonos na biblioteca municipal o vindeiro 17 de decembro, a partir das 20:00 h. 

0 comentarios :

Publicar un comentario