HORARIO DE VERÁN: XULLO
Dende o día 1 de xullo a biblioteca municipal abre:
Mañás: 10:00 - 13:00 h.
Tardes: 16:00 - 19:00 h.
De luns a venres

mércores, 10 de decembro de 2025

Horario de Nadal da biblioteca municipal

Como é costume polo Nadal, a biblioteca pública municipal de Brión modifica o seu horario de apertura nestas datas tan sinaladas.

Do 22 ao 26 de decembro, os días 31 de decembro e 1 e 5 de xaneiro o centro permanecerá pechado.

Calquera préstamo pendente de devolución nestas datas poderá ser devolto nos seguintes días hábiles.

Moitas grazas pola comprensión e desculpas polas molestias.
Felices festas e venturoso 2026!