HORARIO DE VERÁN: XULLO
Dende o día 1 de xullo a biblioteca municipal abre:
Mañás: 10:00 - 13:00 h.
Tardes: 16:00 - 19:00 h.
De luns a venres

venres, 7 de febreiro de 2025

Un serán de narración oral, con música e ilustración en vivo, para celebrar coas crianzas a Xosé Vizoso

Aínda que conmemoramos o Día da Ilustración o xoves 30 de xaneiro, a biblioteca municipal organizou hoxe venres, 7 de febreiro, unha actividade de dinamización dedicada a Xosé Vizoso, ilustre veciño a quen se lle dedicou este ano unha efeméride que celebramos en Galicia coincidindo co nacemento de Castelao.

Unha actividade destinada a público infantil que estivo a cargo dos creadores de Polo Correo do Vento. Combinando narración oral, música e ilustración en vivo, fixeron un repaso pola vida e obra de Xosé Vizoso, destacando a súa labor como ceramista en Sargadelos e ilustrador de innumerables libros e carteis. Tamén remarcaron a súa estreita vinculación con Brión, concello onde reside dende hai varias décadas.

Con esta actividade, a biblioteca municipal pecha dúas semanas dedicadas a Xosé Vizoso, onde as persoas usuarias e visitantes tamén puideron gozar dun pequeno punto de interese temático dedicado ao autor, cunha escolma de libros e carteis ilustrados polo ilustra veciño de Brión.



 

0 comentarios :

Publicar un comentario