Continúan as obras de reforma na biblioteca municipal, que se prolongarán durante máis tempo do previsto. A execución das tarefas vaise estender máis alá do día 9 de novembro, data de remate comunicada nun principio pola empresa que está a executar a intervención.
Polo tanto, continuaremos temporalmente sen os habituais servizos en sala (estudo, lectura, etc.). Mantense a atención presencial para devolución de materiais e préstamos baixo demanda (excepto materiais da sala infantil). Se precisas algún título, non dubides en chamar ao número de tfno. 981 50 99 69 (10:30-13:30 h. e 16:30-21:00 h., de luns a venres) ou enviarnos unha mensaxe aos correos electrónicos da biblioteca. Despois, poderás pasar a recollelo.
Tan pronto remate a reforma e acondicionamento do centro, comunicarémolo a través dos medios habituais. Unha vez máis, desculpas polas molestias e moitas grazas pola comprensión.