martes, 21 de novembro de 2023

A biblioteca municipal recupera o seu funcionamento habitual

Tras a interrupción durante varias semanas dos servizos de estudo e lectura en sala por mor das obras de reforma, a biblioteca municipal recupera o funcionamento habitual. Dende hoxe, as persoas usuarias poderán facer uso das salas infantil e xeral do centro, así coma dunha das salas de estudo (a outra permanecerá temporalmente fóra de servizo)

A intervención solucionou varios problemas na cuberta do edificio e permítenos gozar dun novo baño adaptado situado no primeiro andar do edificio, entre as salas de estudo da biblioteca.

Cun investimento total de preto de 50.000 €, a obra recibiu unha subvención para o equipamento e a mellora das instalacións culturais municipais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dotada cun importe de 27.000€.

Lembrar tamén que, dende agora, o horario de apertura do centro vai ser, polas mañás, de 10:30 a 13:30 h. e, polas tardes, de 16:30 a 21:00 h. De luns a venres.