O venres 29 de setembro retomamos os encontros literarios da biblioteca cun novo serán no que o libro e a lectura volven ser protagonistas. Nesta ocasión, a veciña de Brión María Antonia Cao López regresa a súa querida terra para presentar o seu novo libro.
Despois de acadar recoñecemento con “Rosas y espinas”, María Antonia regresa ás librarías e bibliotecas con “Vivencias en el puente”, unha novela que ven de publicar a editorial Letrame. Un libro onde as experiencias vitais da autora son inspiradoras dunha obra que continúa a senda iniciada coa súa anterior publicación.
A presentación literaria celebrarase o vindeiro 29 de setembro ás 20:30 h. na Sala Municipal de Exposicións de Brión (Casa da Cultura). Un acto ao que estamos todas e todos convidados. Nel participará a escritora, acompañada por Vanesa Castro Ramallal, que exercerá como presentadora, Loli Lema Carballo e Isaura Iglesias Ares.
0 comentarios :
Publicar un comentario