venres, 15 de setembro de 2023

Dende o luns, a biblioteca municipal recupera o horario habitual

Dende o luns 18 de setembro, a biblioteca municipal recupera o horario de apertura de inverno. Despois da modificación do horario durante a temporada estival, o centro retomará o horario habitual:

Luns a venres:
Mañás: 09:00 a 13.30 h.
Tardes: 16:30 a 21:00 h.

Asemade, aproveitamos para lembrar que os días 25, 26 e 27 de setembro a biblioteca pechará as súas portas co gallo da celebración en Brión da Romaría de Santa Minia.