HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Do 28 de xullo ao 31 de agosto, a biblioteca municipal
permanecerá pechada.
Volvemos o día 1 de setembro co horario do mes de xullo.
Un feliz verán cheo de boas lecturas!

xoves, 21 de setembro de 2023

A biblioteca municipal pecha con motivo da celebración da Romaría de Santa Minia

Con motivo da celebración da popular Romaría de Santa Minia, a biblioteca pública municipal pechará entre os días 25, 26 e 27 de setembro. Datas nas que a contorna do centro acollerá as diferentes actividades festivas que conforman unha das celebracións máis senlleiras da nosa bisbarra.

Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas e convidamos a todos os usuarios a visitar a Carballeira e participar nos numerosos eventos que están programados ao longo das cinco xornadas de celebración.
 
Programación de actividades Romaría de Sta. Minia 2023