Despois de permanecer pechada ao público dende a tarde do 29 de decembro, a biblioteca municipal de Brión recupera os seus servizos e horarios habituais a partir do luns 10 de xaneiro.
Tras a interrupción sufrida, consecuencia dunha inundación que afectou ao depósito e baños do centro, a biblioteca abrirá de novo no seu horario habitual:
Mañás:
Luns a sábado: 9:00 – 14:00 h.
Tardes:
Luns a venres: 16:00 – 22:00 h.
Queremos pedir desculpas a todas as persoas usuarias polas molestias derivadas desta incidencia, ao tempo que agradecemos a comprensión mostrada.