A B.P.M. de Brión reabre as súas portas dende o mércores 17 de febreiro ás 16:00 h. Asemade, reinicia os seus servizos habituais (estudo e lectura en sala, acceso a internet, acceso libre ás coleccións, préstamo a domicilio, devolución de materiais, etc.)
Como novidade, e atendendo á correspondente orde da Consellería de Sanidade, o aforo do local quedará reducido ao 30% da súa capacidade (12 persoas máximo)
Por suposto, mantéñense as recomendacións habituais para un uso seguro e responsable do servizo, para garantir a saúde das/dos usuarias/os e previr a expansión da Covid-19:
- Uso obrigatorio de máscara facial en todo momento.
- Desinfección de mans con xel hidroalcóholico antes de entrar
- Distancia mínima se seguridade de cando menos 1,5 m.
- Menores de 14 anos sempre acompañados por un adulto responsable.
O mércores 17 de febreiro, e por necesidades do servizo, a biblioteca só abrira pola tarde, entre as 16:00 e as 21:30 h. Dende o xoves 18 de febreiro, recuperaremos o horario habitual do centro:
De luns a venres:
Mañás: 9:00 a 14:00 h.
Tardes: 16:00 a 21:30 h.
Sábados: de 9:00 a 14:00 h.
0 comentarios :
Non se permiten novos comentarios.