Este verán, dende a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queren animarte a escribir e sacar á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello.Todo isto a través dun concurso dirixido a todas as persoas lectoras de provincia. O premio é unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía.
Redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, neste caso Brión. Pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición da túa vila ou aldea, cun persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental... calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives.
Presume de Brión!
Envía entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías que axuden a ilustrar o relato e estean localizadas no municipio, a biblioteca.info@dacoruna.gal xunto cos teus datos persoais. Consulta antes as bases completas con atención. En setembro, un xurado valorará os relatos e fotografías e fallará o premio. Tes ata o 31 de agosto para enviarnos a túa participación.
Ligazón coa información, na web da Biblioteca da Deputación da Coruña.
0 comentarios :
Publicar un comentario