sábado, 11 de xaneiro de 2020

"Otra vida por vivir" de Theodor Kallifatides, nova lectura do club

Aos setenta e sete anos, bloqueado como escritor, Theodor Kallifatides toma a difícil decisión de vender o estudo de Estocolmo, onde traballou durante décadas, e retirarse. Incapaz de escribir e, con todo, incapaz de non escribir, viaxa á súa Grecia natal coa idea de recuperar a fluidez perdina na linguaxe.

Este é o argumento de “Otra vida por vivir”, un texto no que o mencionado autor explora a relación entre unha vida con sentido e un traballo con sentido, e como reconciliarse co envellecemento. Pero tamén se ocupa das tendencias preocupantes na Europa contemporánea, desde a intolerancia relixiosa e os prexuízos contra os inmigrantes ata a crise da vivenda e a súa tristeza polo maltratado estado da súa amada Grecia.

Unha lectura coa que abrimos o ano tras ler e comentar “Un árbol crece en Brooklyn” da escritora norteamericana Betty Smith. Unha obra que ofrece unha meditación profunda, sensible e cativadora sobre a escritura e o lugar de cada un de nós nun mundo cambiante.

Para comentala reunirémonos o vindeiro 6 de febreiro na biblioteca municipal. Como sempre ás 20:30 h.

0 comentarios :

Publicar un comentario