martes, 28 de xaneiro de 2020

Día da Ilustración 2020: Cándido Fernández Mazas

O 30 de xaneiro, e coincidindo co nacemento de Castelao, celebramos o Día da Ilustración. Unha efeméride para lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural. Cada ano, un ilustrador histórico galego é homenaxeado. Nesta ocasión o protagonista é Cándido Fernández Mazas.

Nado en Ourense en 1902, Fernández Mazas foi artista e escritor, colaborou como ilustrador en publicacións como Nós ou Alfar. Formou parte (xunto a artistas como Luís Huici, Francisco Miguel ou Luís Seoane) da xeración do 30, renovadora da plástica galega. Ilustrou numerosos libros e asinou baixo distintos pseudónimos en xornais como La Zarpa, Galicia, El Pueblo Gallego ou Política.

Tras ser esquecido durante décadas despois do seu pasamento en 1942, a finais dos anos oitenta, unha serie de obras, editadas grazas sobre todo ao esforzo do seu irmán Armando, recuperaron a súa figura, creativa, senlleira, profunda e múltiple.

Ligazóns de interese:

0 comentarios :

Publicar un comentario