O venres 22 de xuño, o gran Marcelino de Santiago "Kukas" presentará en Brión o espectáculo "De trebellos, perellos e fedellos". Unha actividade de animación organizada pola biblioteca para celebrar cos nenos e nenas de Brión o inicio das vacacións estivais.
"Kukas" porá en escena na Sala Municipal de Exposicións un recital con varios poemas pertencentes
ao libro "De trebellos, perellos e fedellos" do que é autor e ilustrador. Para facelo apoiarase en recursos artísticos como a pintura en directo, obxectos e os seus famosos monifates.
Unha actividade, duns 60 min. de duración, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade a que está convidada toda a familia. A entrada será de balde ata completar aforo. Esta actividade conta co patrocinio do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
0 comentarios :
Publicar un comentario