Os ratiños de TrinkeTrinke regresan á biblioteca de Brión. O Rato máis grande tráeos nunha caixa; pero, como os tres ratiños máis novos son moi trastes e desobedientes, tenos que coidar. Para entretelos vailles narrar contos especiais para ratiños, pero non é doado!
Se queres coñecer aos Ratiños da caixa e escoitar os seus contos, non te esquezas acudir o venres 9 de xuño á Sala de Exposicións Municipal, espazo onde terá lugar este divertido serán contacontos dirixido a público infantil de 3 a 9 anos de idade.
A sesión comezará ás 18:00 h. e a entrada será de balde ata completar aforo.
Esta actividade está organizada pola biblioteca pública municipal co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
0 comentarios :
Publicar un comentario