martes, 4 de abril de 2017

Celtia Figueiras inicia con "Contos de inverno" a súa serie "As estacións en contos"

O venres 31 de marzo, a artista e animadora Celtia Figueiras iniciou en Brión “As estacións en contos”, unha serie de catro espectáculos con historias sobre cada unha das catro estacións que compoñen o ciclo do ano.
Nesta ocasión presentou “Contos de inverno”, un serán que serviu para conmemorar o Día da Narración Oral, celebrado o 20 de marzo. O espectáculo celebrouse ás 18:00 h. na Sala de exposicións municipal, un espazo próximo á biblioteca e axeitado para acoller actos con gran afluencia de público. Neste caso, preto de 80 persoas, entre nenos e adultos acompañantes, participaron na actividade, que estivo dirixida a público infantil de entre 3 e 9 anos de idade.
Este e o primeiro serán doutros tres restantes que se celebrarán nos vindeiros meses. En maio asistiremos aos “Contos de primavera” e no mes de xuño daremos a benvida a estación estival con “Contos de verán”. A serie rematará en outubro con “Contos de outono”, para conmemorar a chegada do tempo dos magostos.
Todas as actividades están organizadas pola biblioteca pública municipal co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


0 comentarios :

Publicar un comentario