xoves, 26 de xaneiro de 2017

"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro, nova lectura do club

Cruzamos a raia que separa Portugal de Galicia para afrontar unha nova lectura no noso club. Porque despois de ler ao grande António Lobo Antunes, achegámonos á prosa dun recoñecido autor do país. Falamos de Francisco Castro, escritor vigués que recentemente ven de poñerse á fronte da Editorial Galaxia.
De toda súa obra, escollemos a última novela, “Amor é unha palabra coma calquera outra”, publicada por Galaxia en 2016. Nela, a protagonista, Carla , organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas ridículas. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo?
Unha obra que comentaremos o vindeiro mércores 8 de febreiro; como sempre ás 20:30 h., na biblioteca municipal

Ficha do libro:

Título:  "Amor é unha palabra coma outra calquera"
Autor: Francisco Castro
Editorial: Vigo : Galaxia, 2016
Descrición física: 219 p. ; 21 cm.

Materias:
1. Amor-Novelas. 2. Vida cotiá-Novelas. 3. Mulleres-Novelas. 4. Intriga-Novelas


 

0 comentarios :

Publicar un comentario