Deixamos en Vigo ás protagonistas do “Club da calceta” e viaxamos ata Suecia da man de Nombeko, unha nena sudafricana criada no Apartheid e dotada dun portentoso talento para as matemáticas e unhas infinitas gañas de aprender.
Falamos da última novela de Jonas Jonasson, un escritor escandinavo acostumado a vender centos de miles de exemplares en todo o mundo. “La analfabeta que era un genio de los números”, editada no noso pais en 2013 por Salamandra, cóntanos a historia desta rapaza orfa que traballa limpando en Sudáfrica, á que o destino tenlle reservada outra sorte. Un talento insólito para os números e unha curiosidade infinita para aprender, lévana a vivir a Suecia, onde convivirá con personaxes excéntricos e perigosos: tres chinesas moi imprudentes, un estadounidense ceramista e desertor do Vietnam, dous axentes do Mosad, dous irmáns xemelgos que oficialmente son unha soa persoa, unha activista que vai contra todo, unha condesa que se dedica a cultivar patacas, o secretario xeral do partido comunista chinés Hu Jintao, o rei Carlos XVI Gustavo de Suecia e o seu primeiro ministro Fredrik Reinfeldt.
Para comentala e poñer en común a nosa experiencia lectora, reunirémonos o día 2 de marzo ás 20:30 h. na biblioteca municipal.
0 comentarios :
Publicar un comentario