O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro, pon en marcha dende o luns 19 de outubro unha iniciativa en Twitter coa etiqueta #vivalabiblio para render homenaxe ás bibliotecas, con motivo do Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro.
A campaña estará activa ata o día 25 de outubro e anima aos usuarios/as a enviar un ou máis chíos a @observalibro coa etiqueta #vivalabiblio. Mensaxes breves nos que amosen o seu amor polas bibliotecas e/ou os bibliotecarios. Pode ser no formato que queiran (texto, foto, vídeo ou outros).
O vídeo que aparece á pé de páxina, recolle os testemuños de 6 persoas anónimas explicando por que as bibliotecas son tan importantes nas súas vidas.
O vídeo podédelo ver no Canle Cultura de YouTube. Podemos atopar máis información sobre o vídeo na seguinte ligazón.
O vídeo podédelo ver no Canle Cultura de YouTube. Podemos atopar máis información sobre o vídeo na seguinte ligazón.
0 comentarios :
Publicar un comentario