Hoxe, 27 de marzo, celebramos o Día Mundial do Teatro, unha efeméride que ven celebrándose dende 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro
(ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de recoñecido prestixio no mundo do teatro. Nesta ocasión foi o dramaturgo surafricano Brett Bailey o encargado de facelo.
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de recoñecido prestixio no mundo do teatro. Nesta ocasión foi o dramaturgo surafricano Brett Bailey o encargado de facelo.
Mensaxe de Brett Bailey para o Día Mundial do Teatro 2014
Onde queira que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.Baixo as árbores de pequenas aldeas e sobre sofisticados escenarios en grandes metrópoles; en salóns de actos de colexios e en campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros cívicos e nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón en torno aos efémeros mundos teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade, nosa vulnerabilidade, en carne e óso, alento e voz.
Reunímonos para chorar e para recordar; para rir e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar. Para marabillarnos ante a destreza técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen respiración ante a nosa capacidade de beleza, compaixón e monstruosidade. Imos para enchernos de enerxía e poder. Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e para facer desaparecer as barreiras que nos dividen.
Onde queira que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase. Nacido da comunidade, leva postas as máscaras e vestimentas das nosas distintas tradicións. Utiliza as nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.E nós, os artistas que traballamos con este antigo espírito, sentímonos impulsados a canalizalo a través dos nosos corazóns, as nosas ideas e os nosos corpos para revelar as nosas realidades en toda a súa cotianeidade e o seu rutilante misterio.
Pero nesta época na que tantos millóns de persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo réximes opresivos e o capitalismo depredador, foxen do conflito e a escaseza; na que a nosa privacidade é invadida por servizos secretos e as nosas palabras censuradas por gobernos intrusivos; na que se aniquilan os bosques, extermínanse especies e envelénanse os océanos: Que nos sentimos impulsados a revelar?
Neste mundo de poder desigual, no que distintas ordes hexemónicas intentan convencernos de que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco cultural é superior ao resto, realmente pódese defender a idea de que as artes deberían apartarse das axendas sociais?Nós, os artistas de escenarios e ágoras, conformámonos coas demandas asépticas do mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir un espazo nos corazóns e as mentes da sociedade, para reunir xente a noso arredor, para inspirar, marabillar e informar, e para crear un mundo de esperanza e colaboración sincera.
Fonte: SGAE
0 comentarios :
Publicar un comentario