HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Dende o 27 de xullo ata o 31 de agosto
a biblioteca municipal permanecerá pechada.

Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2020

Horario e servizos da biblioteca na FASE 3 do desconfinamento [Actualizado]

Dende o luns, 8 de xuño, a biblioteca pública municipal de Brión continúa aberta, agora prestando servizos de acordo coa FASE 3 do desconfinamento. Ao abeiro das directrices que vaiamos recibindo dende as diferentes institucións implicadas na xestión da crise da COVID-19, a biblioteca tomará unha serie de medidas para garantir a seguridade de todas aquelas persoas que se achegan ata o centro así coma do persoal laboral que traballa no mesmo.

 

En que horario abrimos a partir do 8 de xuño?

Durante a FASE 3 do desconfinamento o horario de atención ao público vai ser:

De luns a venres:
Mañás: 9:00 a 13:00 h.
Tardes: 16:00 a 21:00 h.

Que servizos imos prestar durante a FASE 3 do desconfinamento?

1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena (14 días) antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.

2. Préstamo a domicilio.

Para evitar aglomeracións puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con cita previa mediante e solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou outros materiais que se precisen retirar. O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarias/os cando se acheguen á biblioteca para recollelos. Nesta fase non está permitida o acceso ás coleccións.

3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.

4. Acceso ás computadoras da biblioteca para consultar a OPAC (catálogos en liña) e Internet. Un servizo que recuperamos na FASE 2, aínda que non dende o día 25 de maio (avisaremos da súa posta en marcha nas redes sociais e portal web da bibliotea). O acceso será con aforo limitado para garantir o distanciamento social entre usuarios. O tempo máximo da sesión será de 60 min. (poderá ampliarse en caso de que non exista demanda por outras/os usuarias/os). Despois do uso das computadoras, procederase coa desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

 5. Consulta, lectura e estudo en sala con aforo limitado
Poderase acceder aos postos da sala principal para realizar tarefas de consulta, lectura ou estudo. O aforo estará limitado ao 50 % para garantir a distancia de seguridade entre as/os usuarias/os. Asemade todas as persoas deberán seguir o protocolo de seguranza establecido para o acceso ás instalacións da biblioteca: desinfección de mas co xel hidroalcohólico, uso de máscara facial, etc.

Que servizos non estarán dispoñibles durante a FASE 3 do desconfinamento?

- Actividades culturais, así como calquera outro servizo destinado ao público distinto dos mencionados nos puntos anteriores.
- Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación por determinaras zonas da biblioteca, Porén, non se poderá acceder á sala infantil e ás salas de consulta/estudo.

-Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións para consultar ou retirar libros, audiovisuais, revistas nin outro material da biblioteca. Os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario. Unha vez consultados, deberán pasar un período de corentena de 14 días antes de ser devoltos aos andeis.

- Restrínxese o acceso aos servizos ao non poderse garantir a súa hixienización despois de casa uso.

Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?

- Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. 

- As/os usuarias/os deben entrar nas instalacións individualmente, agardando pola súa quenda no recibidor.

- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderá
acudir só unha crianzas acompañadas por un adulto que se faga responsable dela.

- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 2 m. 

- Deberase acudir con máscara de protección facial. En caso de non dispor dela, poderase retirar unha no dispensador da entrada.

- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado no recibidor da biblioteca para tal fin.

Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?

-  Limpeza das instalacións da biblioteca.

- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma. Os documentos e materiais devoltos e aqueles de nova incorporación pasarán un período de illamento de 14 días antes de ser incorporados á colección.

- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos. Tamén se garantirá a axeitada ventilación da sala.

- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público e os postos de lectura.

- Despois do uso das computadoras de acceso a Internet, realizarase a desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

- Tomaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade das/os usuarias/os e do persoal laboral do centro.

domingo, 24 de maio de 2020

Horario e servizos da biblioteca na FASE 2 do desconfinamento

Dende o luns,  25 de maio, a biblioteca pública municipal de Brión continúa aberta, agora prestando servizos de acordo coa FASE 2 do desconfinamento. Ao abeiro das directrices que vaiamos recibindo dende as diferentes institucións implicadas na xestión da crise da COVID-19, a biblioteca tomará unha serie de medidas para garantir a seguridade de todas aquelas persoas que se achegan ata o centro así coma do persoal laboral que traballa no mesmo.

 

En que horario abrimos a partir do 25 de maio?

Durante a FASE 2 do desconfinamento o horario de atención ao público vai ser:

De luns a venres:
Mañás: 9:00 a 13:00 h.
Tardes: 16:00 a 20:00 h.

Que servizos imos prestar durante a FASE 2 do desconfinamento?

1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena (14 días) antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.

2. Préstamo a domicilio.

Para evitar aglomeracións puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con cita previa mediante e solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou outros materiais que se precisen retirar. O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarias/os cando se acheguen á biblioteca para recollelos. Nesta fase non está permitida o acceso ás coleccións.

3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.

4. Acceso ás computadoras da biblioteca para consultar a OPAC (catálogos en liña) e Internet. Un servizo que recuperamos na FASE 2, aínda que non dende o día 25 de maio (avisaremos da súa posta en marcha nas redes sociais e portal web da bibliotea). O acceso será con aforo limitado para garantir o distanciamento social entre usuarios. O tempo máximo da sesión será de 60 min. (poderá ampliarse en caso de que non exista demanda por outras/os usuarias/os). Despois do uso das computadoras, procederase coa desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

Que servizos non estarán dispoñibles durante a FASE 2 do desconfinamento?

- Actividades culturais, actividades de estudo-lectura en sala, así como calquera outro servizo destinado ao público distinto dos mencionados nos puntos anteriores.
- Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación polas salas da biblioteca, excepto nos espazos delimitados para realizar a devolución e préstamo de materiais. Porén, non se poderá acceder á sala infantil nen ás salas de consulta/estudo.

-Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións para consultar ou retirar libros, audiovisuais, revistas nin outro material da biblioteca. Os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario.

- Restrínxese o acceso aos servizos ao non poderse garantir a súa hixienización despois de casa uso.

Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?

- Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. 

- As/os usuarias/os deben entrar nas instalacións individualmente, agardando pola súa quenda no recibidor.

- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderán
acudir un máximo de dúas crianzas acompañadas por un adulto que se faga responsable delas.

- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 2 m. 

- Deberase acudir con máscara de protección facial. En caso de non dispor dela, poderase retirar unha no dispensador da entrada.

- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado no recibidor da biblioteca para tal fin.

Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?

-  Limpeza das instalacións da biblioteca.

- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma. Os documentos e materiais devoltos e aqueles de nova incorporación pasarán un período de illamento de 14 días antes de ser incorporados á colección.

- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos. Tamén se garantirá a axeitada ventilación da sala.

- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público e os postos de lectura.

- Despois do uso das computadoras de acceso a Internet, realizarase a desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

- Tomaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade das/os usuarias/os e do persoal laboral do centro.

En fases posteriores do desconfinamento,  e segundo evolucione a situación sanitaria, permitirase a entrada á biblioteca para a lectura e estudo en sala, establecendo un aforo limitado para garantir unha distancia física de seguridade entre os asistentes. 

luns, 11 de maio de 2020

A biblioteca municipal de Brión reabre a súas portas na Fase 1. Horarios, servizos e normas de funcionamento.

Despois dun tempo en que a biblioteca pública municipal tivo que pechar as súas portas por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19, comezamos un novo período no que de xeito progresivo recuperaremos as actividades e funcionamento habitual do centro.

Se durante a etapa de confinamento continuamos coas nosas actividades e servizos de xeito virtual, a través das redes sociais e Internet, agora regresamos ao habitual modo presencial con certas limitacións e protocolos de funcionamento que iremos actualizando segundo evolucione a situación sanitaria.

Sempre ao abeiro das directrices que vaiamos recibindo dende as diferentes institucións implicadas na xestión da crise da COVID-19, a biblioteca tomará unha serie de medidas para garantir a seguridade de todas aquelas persoas que se achegan ata o centro así coma do persoal laboral que traballa no mesmo.

Dende cando abrimos e en que horario?

A BPM de Brión reabre as portas a partir do día 12 de maio.
Durante a FASE 1 do desconfinamento o horario de atención vai ser:

De luns a venres, entre as 9:00 e as 13:00 h.

Que servizos imos prestar durante a FASE 1 do desconfinamento?

1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena (14 días) antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.

2. Préstamo a domicilio.

Para evitar aglomeracións puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con cita previa mediante e solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou outros materiais que se precisen retirar. O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarias/os cando se acheguen á biblioteca para recollelos. Nesta fase non está permitida o acceso ás coleccións.

3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.

Que servizos non estarán dispoñibles durante a FASE 1 do desconfinamento?

- Actividades culturais, actividades de estudo-lectura en sala, así como calquera outro servizo destinado ao público distinto dos mencionados nos puntos anteriores.
- Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación polas salas da biblioteca, excepto nos espazos delimitados para realizar a devolución e préstamo de materiais. Porén, non se poderá acceder á sala infantil, ás salas de consulta/estudo, nin ao servizo de Internet (computadoras Aula da Deputación).

-Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións para consultar ou retirar libros, audiovisuais, revistas nin outro material da biblioteca. Os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario.

- Restrínxese o acceso aos servizos ao non poderse garantir a súa hixienización despois de casa uso.

Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?

- Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. 

- As/os usuarias/os deben entrar nas instalacións individualmente, agardando pola súa quenda no recibidor.

- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderán 
acudir dúas crianzas máximo acompañadas por un adulto que se faga responsable delas.

- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 2 m. 

- Recoméndase acudir con máscara de protección facial. 

- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado na entrada para tal fin.

Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?

- Antes de iniciar esta etapa, procedeuse á limpeza das instalacións da biblioteca.

- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma.

- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos.

- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público.

- Tomaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade das/os usuarias/os e do persoal laboral do centro. 

En fases posteriores do desconfinamento,  e segundo evolucione a situación sanitaria, permitirase a entrada á biblioteca para a lectura e estudo en sala, establecendo un aforo limitado para garantir unha distancia física de seguridade entre os asistentes.

mércores, 1 de abril de 2020

#briónquedanacasa: concurso de fotografías tomadas sen saír da casa

O Concello de Brión quere unirse ás diferentes iniciativas que outros concellos están a lanzar nestes días de confinamento. Dende o Departamento de Cultura, propoñemos a toda a cidadanía participar nun concurso para facer máis lenes estas semanas nas que debemos permanecer nas nosas casas para frear a expansión do coronavirus e acabar con esta emerxencia sanitaria o antes posible.

A nosa proposta é un concurso fotográfico consistente en que nos fagades chegar fotos de Brión con imaxes que vedes a diario dende as vosas fiestras, balcóns, xardíns, hortas, etc...



Condicións para poder participar:

- As persoas participantes deberedes subir as fotos ao voso facebook co cancelo: #briónquedanacasa e etiquetar nela ao Concello de Brión (@concellodebrion)
- Pódense pendurar tantas fotos como queirades.
- Na descrición da foto, ademais do cancelo, debe incluír o lugar onde está tomada e o autor/a da mesma.
- As imaxes non deben conter persoas que se poidan identificar.
- As imaxes non poderán ter contidos sexistas ou que danen a sensibilidade das persoas.

Entre todos os participantes que publiquen as fotos coas condicións establecidas sortearanse 3 lotes de libros o vindeiro día 29 de maio.

Moita saúde, ánimo e a fotografar Brión!. Eso si, sen saír da casa.

xoves, 12 de marzo de 2020

LEMBRANZA IMPORTANTE: Medidas adoptadas para previr a expansión do Coronavirus COVID-19 [ACTUALIZADO]

Tras coñecer as medidas adoptadas polo Goberno de España, a Xunta de Galicia e as recomendacións das autoridades sanitarias de establecer medidas extraordinarias para previr a expansión do Coronavirus COVID-19, o Concello de Brión informa da adopción dunha serie de directrices que se tomarán ata novo aviso. Preme nesta ligazón para consultar toda a información.

No referente ao funcionamento da biblioteca pública municipal, informamos á cidadanía que dende o VENRES 13 DE MARZO e ata novo aviso ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO AO PÚBLICO. Isto significa que non funcionará ningún dos servizos da biblioteca, incluído o de préstamo. Aquelas persoas que teñan nos seus fogares materiais emprestados, poderán devolvelos cando se restableza de novo o servizo.

Asemade, as actividades de animación e dinamización programadas pola biblioteca para os vindeiros días (Club Camaleón, Club de lectura, etc.) adíanse ata novo aviso.

Para calquera consulta ou dúbida que puidera xurdir, por favor, non dubide en contactar co Concello de Brión a través do tfno. 981 88 70 06 (mañás).

Pregamos a toda a cidadanía tranquilidade ante esta situación excepcional que esperamos superar o antes posible. Calquera outra novidade que puidera xurdir sobre o funcionamento do servizo,  publicarémola a través deste blog e na conta de Twitter da biblioteca.