En 1993 visitou Brión o antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandão, deixando entre a veciñanza unha profunda pegada que aínda hoxe perdura na memoria dos brioneses e das brionesas que conviviron con el e partillaron experiencias na súa viaxe de descubrimento por terras de Ons e Negreira.
Trinta e un anos despois, o Concello de Brión quere render homenaxe á memoria e ao legado académico do profesor Brandão, falecido a mediados de 2023, a través dunha xornada moi especial.
Trinta e un anos despois, o Concello de Brión quere render homenaxe á memoria e ao legado académico do profesor Brandão, falecido a mediados de 2023, a través dunha xornada moi especial.
Data: venres, 11 de outubro de 2024
Hora: 20:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente (Pedrouzos, Brión)
Hora: 20:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente (Pedrouzos, Brión)
Programa:
- Conferencia: “A pegada de Brandão en Brión” por Amancio Liñares Giraut
- Conferencia: “Carlos Rodrigues Brandão. A Partilha da Vida” por Ivan Vilela
- Concerto homenaxe: Mat[R]iz. Ivan Vilela, viola brasileira & Pablo Castaño, saxo
- Inauguración da exposición: “Brandão 1993: Brión a ollo de antropólogo” Con imaxes do Arquivo fotográfico Brandão.
Entrada libre ata completar a capacidade do local.
0 comentarios :
Publicar un comentario