xoves, 1 de febreiro de 2024

A Rede de Bibliotecas de Galicia estrea unha nova e práctica aplicación para dispositivos móbiles

A Rede de Bibliotecas de Galicia conta cunha nova aplicación para dispositivos móbiles na que sempre levaremos no noso teléfono intelixente ou tableta o catálogo galego da biblioteca dixital de préstamo.

Unha app, xa dispoñible para sistemas Android e iOS (Apple), coa que consultar o catálogo, tomar en préstamo libros, revistas e audiovisuais, visualizalos en liña ou descargalos, de forma gratuíta a calquera hora do día e todos os días do ano. Tamén incorpora un acceso directo á web de eBiblio e ao catálogo das bibliotecas físicas da Rede.

Ademais, o teu carné da biblioteca está agora no teu móbil, podendo presentalo nas bibliotecas públicas para retirar préstamos en formato físico. Deste xeito, poderás acceder ao préstamo ou a calquera outro servizo da túa biblioteca sen necesidade de levar a tarxeta.

Consulta toda a información sobre este novo servizo na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia.


0 comentarios :

Publicar un comentario