xoves, 27 de xullo de 2023

Boletíns de novidades de verán da biblioteca municipal

A biblioteca municipal publica este verán novos boletíns de novidades que iremos actualizando ao longo de setembro con máis títulos. Unhas publicacións que podes consultar en liña se desexas manterte informada/o sobre as últimas incorporacións e novidades bibliográficas que atoparás na nosa colección.

Están dispoñibles dous boletíns, un coas novidades para público infantil e xuvenil e outro coas destinadas a público adulto, partillados en distintas seccións segundo presentemos obras de ficción, informativas ou banda deseñada.

Bótalle unha ollada, de seguro atoparás algún libro para ler nestas vacacións. E en setembro, máis novidades na túa biblioteca. Que pases un feliz verán cheo de boas lecturas!

Boletín adultos Boletín infantil-xuvenil

1 comentarios :

por que está a biblioteca pechada, imos reducindo horario ata remetar en peche

Publicar un comentario