Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das bibliotecas; unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
Para conmemorar esta efeméride tan especial, a biblioteca municipal celebrou un concerto a cargo dos amigos de Música Miúda. Un recital de aproximadamente 50 min. cheo de boa música e cancións para toda a familia: “Bemol Pequeno”, “Vén bailar e cantar coa meiga Xela”, ”O dinosauro Pepón”, etc.
O concerto tivo lugar na Sala Municipal de Exposicións, espazo onde a biblioteca organiza habitualmente este tipo de actividades. Comezou pasadas as 12:00 h. e reuniu un total de 17 persoas, entre adultos e crianzas, que previamente se inscribiron para asistir como público.
No recital tomáronse as habituais medidas de seguridade e hixiene necesarias para garantir que todas/os gocemos da cultura con seguridade: distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de máscara facial, etc. Porque #aculturasegue e #aculturaesegura.
0 comentarios :
Publicar un comentario