Para conmemorar o 8 de marzo, data na que celebramos o Día Internacional
da Muller, o Concello de Brión patrocina, xunto con Ames, Dodro, Padrón e Santiago, a través do programa "As Pegadas de Rosalía" a Andaina "Rosalías da Vida". Unha actividade que este domingo vai reivindicar a figura de Rosalía de Castro como muller escritora comprometida coa loita pola igualdade de xénero e a xustiza social.
Un actividade que tamén vai servir para dar visibilidade e reivindicar os valores que soportan esta
conmemoración que celebramos a nivel internacional. Un día para
normalizar o resto do ano a participación social igualitaria da muller e
o seu desenvolvemento integro como persoa.
Asemade, dende a biblioteca municipal, convidamos a todas as usuarias e
todos os usuarios do servizo a visitar un punto de interese temporal sobre igualdade onde poderán descubrir ao longo da vindeira semana materiais sobre un tema que nos interesa a todas e a todos.
0 comentarios :
Publicar un comentario