Nestes días nas que as bibliotecas públicas permanecemos pechadas por mor das medidas de contención tomadas para previr a expansión do COVID-19, renunciar á lectura non é unha opción. Sobre todo cando dende a Rede de Bibliotecas de Galicia temos á disposición das usuarias e dos usuarios a plataforma de préstamo dixital GaliciaLe. Un servizo pensado para descargar e ler libros en formato electrónico no teu dispositivo móbil (tableta e teléfono intelixente) ou lector de libros electrónicos.
Non tés carné de biblioteca, pois tampouco vai ser un impedimento. En apoio á campaña #QuedaNaCasa, GaliciaLe vai permitir que te rexistres e, coas claves que recibas, poderás acceder a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné de socia/o e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe, así como do servizo de préstamo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Se o desexas, xa podes efectuar o trámite aquí.
Non dubides en facelo, a lectura de libros e revistas e o cinema van axudar a que estes días de confinamento sexan máis lenes. E moito ánimo a todas e a todos; axiña volveremos a vernos na biblioteca.
0 comentarios :
Publicar un comentario