O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha efeméride que conmemoramos anualmente para denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres, asemade que reclamamos políticas gobernamentais e compromiso social para a súa erradicación.
De igual xeito que o fixera en 2018, o Concello de Brión súmase a esa iniciativa e desexa convidar a toda a cidadanía a que participe asumindo un papel activo na loita contra este arrepío que é a violencia contra as mulleres.
Dende este centro queremos difundir o compromiso desta institución contra calquera tipo de violencia machista. Para facelo, desexamos difundir o manifesto institucional que ven de publicar o Concello de Brión na súa páxina web oficial, un documento que poderás consultar premendo na seguinte ligazón.
Unha soa voz, todas e todos proclamándoo ao unísono, os 365 do ano e as 24 horas do día. Aínda que o visualizaremos de xeito especial o vindeiro día 30 de novembro unha gran concentración que terá lugar ás 10:00 h. na Carballeira de Santa Minia, e que culminará coa celebración dunha “Andaina contra a violencia”, na que nos xuntamos, non os políticos nin os xuíces, senón toda a cidadanía de Brión.
0 comentarios :
Publicar un comentario