
Na actividade participaron arredor de 51 crianzas, moitas delas inscritas nos obradoiros Brión Verán, organizados polo Departamento de Cultura municipal. Durante aproximadamente 50 minutos gozaron dun proxecto didáctico que combinou contacontos e música.
A través das Historias de Bemol Pequeno, o espectáculo presenta conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais... Cada unha delas inclúe un conto e unha canción, que se executan en directo pensado para que o público infantil participe e aprenda nun entorno lúdico.
0 comentarios :
Publicar un comentario