O 24 de outubro regresa Celtia Figueiras
con novas e divertidas historias para dar a benvida ao outono e celebrar o Día Internacional das Bibliotecas. Un serán de animación dirixido a crianzas de entre 3 e 9 anos de idade que a animadora realizará a
partires das 18 h. na Sala de Exposicións da Casa da Cultura. A entrada, como sempre, de balde ata completar aforo.
Un lugar acolledor para escoitar as narracións destes “Contos de outono” outra divertida sesión de “As estacións en contos” que pecha a serie de catro espectáculos con historias sobre cada unha das
catro estacións que compoñen o ciclo do ano. Unha actividade organizada
pola biblioteca co apoio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
0 comentarios :
Publicar un comentario