Despois de ler “Ilustrísima” de Carlos Casares, autor
homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017, afrontamos unha nova
lectura no club obra doutro escritor galego, nesta ocasión en lingua
castelá. Estamos a falar do celanovés Carlos Montero
que con “El
desorden que dejas” gañou o XX Premio Primavera de Novela.
Un intenso “thriller” psicolóxico publicado polo selo Espasa e protagonizado por Raquel, unha profesora de literatura en horas baixas que acepta unha suplencia nun instituto de Novariz, a vila de onde, casualmente, procede o seu marido. A moza decátase de que Elvira, a súa predecesora, suicidouse e ao finalizar as clases atopa no seu bolso unha nota que di: “E ti canto vas tardar en matarte?” Decidida, Raquel tentará pescudar quen está detrás desa ameaza, e inevitablemente empezarase a obsesionar coa antiga profesora.
Para comentar a novela, reunirémonos o vindeiro 21 de marzo; como de costume, ás 20:30 h. na biblioteca municipal.
0 comentarios :
Publicar un comentario