Carmen Domech visitou a biblioteca municipal para presentarnos o seu “Contacontos de libros contentos”, un espectáculo de animación dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos. Carmen chegou coa súa maleta baixo o brazo. Nela, libros de todo tipo viaxan cargados de historias para contan a todos os nenos e nenas que atopan alí onde fan un alto no camiño.
O serán lúdico celebrouse o xoves 21 de abril, e comezou como estaba previsto, ás 18:00 h., prolongándose aproximadamente durante 50 min. Case 30 meniños e arredor de 15 adultos, asistiron ao espectáculo, que se celebrou na sala infantil da biblioteca municipal.
A actividade conmemora por adiantado a celebración do Día do Libro, o sábado 23 de abril, e foi programada pola biblioteca co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
0 comentarios :
Publicar un comentario