Un ano mais os monicreques acoden puntuais á súa cita de Aninovo en
Brión. Porque os días 2 e 3 de xaneiro celébrase no Centro Social
Polivalente o XIX Festival de Títeres, un evento dirixido a toda a
familia que gozan por igual pequenos e grandes.
O día 2 de xaneiro “Os monicreques de Kukas” presentan a obra “Xan Perillán e a maleta máxica”. Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe á Pernambuco. Pero onde queda Pernambuco? No hemisferio Norte ou no Sur? Cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces seguro que o descubrirá. Marcelino de Santiago protagoniza este espectáculo, que mestura o clown e a pantomima coa maxia dos monifates.
O día 3 de xaneiro “Títeres Cachirulo” representan “A figueira do Demo”, espectáculo baseado na obra de Roberto Vidal Bolaño “Romance dos Figos de Ouro”. Monicreques de gran tamaño feitos en madeira, evocando as imaxes do románico mesturadas con fortes expresións e unha evocación o mundo da infancia, serán os encargados de contar esta historia cun soporte musical en directo que vai creando clima e cancións nos distintos cadros da peza.
As representación comezarán ás 17:00 h., no salón multiusos do mencionado centro. A entrada para todos os asistentes será de balde ata completar aforo.

0 comentarios :
Publicar un comentario