Hoxe sábado, a partires das 18:30 h., no Centro Social Polivalente, a poetisa Eva Veiga acompañada dos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, ofrecerannos un recital de poesía e música dirixido a nenos de seis anos en diante e adultos.
Trátase dun espectáculo pensado para gozar da poesía e da música .
Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Manuel María, Pura Vázquez, García Lorca, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Antonio García Teijeiro, Fran Alonso ou Luz Pozo, son algúns dos escritores e escritoras escollidos para este recital que trata de facer estalar no aire a marabilla que encerran as súas voces. A entrada ao espectáculo é debalde ata completar aforo.
0 comentarios :
Publicar un comentario