HORARIO DE VERÁN: MES DE XULLO
No mes de xullo a biblioteca municipal adapta
as horas de apertura á temporada estival.
Podes consultar toda información na seguinte ligazón.

mércores, 19 de novembro de 2014

"Cóntame un contiño", na biblioteca pública municipal

O xoves 20 de novembro, a ANPA Rosalía de Castro da escola unitaria de Os Ánxeles presenta na biblioteca pública municipal a actividade "Cóntame un contiño", un serán conta contos dirixido a meniños que vai celebrarse quincenalmente os xoves a partir das 18 h. A actividade está dirixida a nenos acompañados dun adulto.
Os usuarios/as interesados en participar, poden contactar directamente coa asociación a través do enderezo de correo electrónico que aparece ao pé de páxina.
 

0 comentarios :

Publicar un comentario