Brión homenaxeou unha vez máis a Roberto Vidal Bolaño, ilustre veciño que foi do concello nos seus derradeiros anos. O xenial dramaturgo está representado dende o xoves 31 de xullo nun busto que, situado na entrada da Carballeira de Santa Minia, lembra a relación de Roberto con este espazo e Brión. A data escollida non foi elixida ao azar; tal día hai 64 anos nacera Vidal Bolaño no barrio compostelán de Vista Alegre. O emprazamento tamén está cargado de simbolismo. Na planta baixa da Casa da Cultura, onde antes ficaba a biblioteca municipal, Roberto ensaiou e actuou en varias ocasións coa súa compañía “Teatro do Aquí”. E na Carballeira de Santa Minia representou ao aire libre varias das súas creacións dramáticas.
Unha data e lugar cargados de significado que reuniron numerosas personalidades do mundo da política e a cultura galegas que arredor da familia do homenaxeado e do alcalde brionés vertebraron unha cerimonia que transcorre na Sala de Exposición para logo trasladarse ao exterior, onde se procedeu á descuberta dun busto de Roberto, realizado polo afamado artista Xosé Vizoso en colaboración con Roge Fernández. Carme Vidal Quintáns, filla máis nova do dramaturgo, e Xosé Luís García, alcalde de Brión, foron os encargados de retirar a tea que cubria a escultura.
Todos os asistentes coincidiron en destacar o compromiso social e a defensa da lingua, tamén a orixinalidade e universalidade do creador galego, sen dúbida unha das grandes figuras do teatro contemporáneo. Un dramaturgo que finou en 2002 deixando tras de si unha traxectoria profesional brillante no eido teatral e audiovisual.

0 comentarios :
Publicar un comentario