Os pequenos (e os que non o son tanto) de Brión aos que lle gusta o
teatro de monicreques están de noraboa. Porque chegan á Carballeira de
Santa Minia os monifates do Festival Monecadas, unha actividade
organizada por Titiriteiros da Comarca e o Concello de Brión.
O festival, previsto para os días 4, 5 e 6 de xullo, cambia de datas,
ante a previsión de mal tempo, e traslada a súa celebración aos días 11,
12 e 13 de xullo.
O festival comeza o venres 11 de xullo ás 18:00 h. cun obradoiro, seguido ás 20:00 h. da obra “O murmurio do mar”, a cargo de A Xanela do Maxín. O sábado 12, ás 20:00 h. terá lugar a representación de “Pekeno Kabaret de tolos” a cargo de Títeres Alakrán. O domingo 13, ás 13:00 h., Títeres Cachirulo presentarán o espectáculo “Pinocho”.
Todas os obradoiros e representacións celebraranse na Carballeira de Santa Minia.

0 comentarios :
Publicar un comentario