Dende o 21 de febreiro e ata o 5 de marzo a Sala de Exposicións de Brión
acolle una nova proposta artística. Trátase da mostra “Fotoxornalismo
2013” da Asociación de Prensa da Coruña, coas imaxes galegas mais
destacadas do ano. Unha interesante exposición promovida pola Deputación
da Coruña que agora podemos gozar en Brión.
Son imaxes que ilustraron as novas máis destacadas que se publicaron
entre finais de 2012 e a maior parte de 2013. Vinte fotografías doutros
tantos fotógrafos que se achegan a todos os campos da actualidade dende
diferentes miradas e distintos estilos.
0 comentarios :
Publicar un comentario