HORARIO DE SEMANA SANTA

Do 25 ao 27 de marzo:
Mañás: 10:30 a 13:30 h.
Tardes:16:30 a 19:30 h.

Os días 28 e 29 de marzo a biblioteca permanecerá pechada.

xoves, 19 de febreiro de 2015

"La barraca" de Vicente Blasco Ibáñez, vindeira lectura do club

Deixamos as rúas de A Coruña dos anos 60 do pasado século para viaxar ata a Valencia rural de finais do S. XIX. As lembranzas de adolescencia do primeiro amor e a represión política do franquismo deixan paso a unha historia sobre as duras condiciones de vida da poboación campesiña. Falamos da novela “La barraca” de Vicente Blasco Ibáñez, vindeira lectura do club.
O tío Barret vese imposibilitado de seguir traballando a horta que cultivaran os seus antepasados durante xeracións ao non poder pagar o arrendamento ao propietario da terra. Como consecuencia, todos os veciños da aldea, únense para impedir que ninguén volva traballar nesa parcela. Ata que chega Batiste e a súa familia que, impulsados pola necesidade, instálanse no terreo e acceden a pagar o arrendamento correspondente. A partir dese momento veranse infatigablemente acosados polo resto da comunidade, que os acusaba de pregarse ás esixencias do terratenente prexudicando con iso os intereses do colectivo.
Unha obra publicada en 1898 polo valenciano Vicente Blasco Ibáñez, destacado escritor, xornalista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia, participou en política, significándose pola súa posición antimonárquica e republicana, e manifestando as súas ideas en "Pueblo", o xornal que fundou en 1893. O seu estilo novelesco é influenciado de tendencia naturalista polo escritor francés Emile Zola.
Destacou pola descrición realista de personaxes e paisaxes da horta levantina. Para comentar “La barraca”, unha das súas obras máis significativas, reunirémonos o mércores 11 de marzo a partir das 20:30 h.

0 comentarios :

Publicar un comentario